Manuel Lourenzo (vía culturagalega.org)Onte tivemos confirmación de que
Manuel Lourenzo visitará as Conversas galegas o próximo sábado 12 de Decembro. Nunha visita que fixemos a
Casahamlet (o estudio teatral do que é co-director), na rúa coruñesa de Afonso VII, recibiu cos brazos abertos a nosa proposta e engadiu que podemos contar con el na convocatoria de
mañá. Os poucos minutos do encontro deron para comprobar que é un bo conversador, e estamos seguros de que tamén o demostrará no Matthews.
Lourenzo, destacado membro do teatro galego, leva máis de corenta anos desenvolvendo unha obra en constante crecemento. É autor de innúmeras creacións dramáticas, actuacións teatrais e cinematográficas, traballos de dobraxe, ensaios... Podes coñecer
o seu currículum nesta ficha persoal que recolle a súa longa traxectoria.
Na esquerda, nunha das súas actuacións televisivas máis coñecidas polos galegos: Melghacho de Mareas Vivas (vía nosquedaportugal.blogspot.com)
E se queres falar con el, tes a oportunidade de facelo este sábado ás
18:30 horas. O local do encontro é o
Matthews Irish Bar (A Coruña). Estás convidado!