26 de junho de 2009

Torre de Hércules, Herdanza da Humanidade



Este sábado 27 de Xuño vólvense celebrar as Conversas Galegas no bar Matthews.

Será un día importante para a cidade da Coruña, mais tamén para a súa comarca, para os galegos e para todo o mundo. A UNESCO vai decidir se a construción máis emblemática do Golfo Ártabro, o faro que, en diversas épocas, guiou o tránsito marítimo no noso anaco de Atlántico, é declarado Patrimonio Mundial.

Nesta ocasión, a Torre de Hércules ten todas as opcións de ser protagonista nas décimas Conversas Galegas. Tentaremos facer a nosa pequena homenaxe a este monumento. E, como a proximidade o permite, ao remate poderemos achegarnos á Praza de María Pita para coñecer a deliberación do Comité do Patrimonio Mundial.

Sem comentários:

Enviar um comentário