26 de abril de 2009

Segundas Conversas Galegas (25/04/2009)


Dez dos participantes na segunda sesión das Conversas Galegas.

A fala espontánea e a sintonía entre os participantes continúan a ser os ingredientes clave das Conversas no Matthews! O 25 de Abril do 2009 a asistencia total foi de 12 persoas que trataron temas moi diversos ao redor dunha mesa deste bar.

Nesta segunda tarde de Sábado, as Conversas puxeron en contacto dúas xeracións grazas á participación dunha convidada moi especial, María Xosé Taboada (familiarmente Pepe), profesora de Lingua e Literatura Galega do instituto María Casares de Oleiros. As súas impresións sobre o uso da lingua dende os tempos nos que ela estudaba ata a actualidade foron un aporte moi interesante para todos. Non podemos esquecer o bo trato que recibimos dela, pois inmediatamente quixo ser unha máis entre nós. Grazas Pepe!

5 comentários:

  1. ánimo ánimo ánimo. Que máis se vos pode dicir. Unha grandísima idea. Que non decaia. Ogallá este proxecto vaia a máis e chegue un intre en que non collades no bar. Aquí en Santiago, polo de agora, coido, aínda non precisamos deste tipo de iniciativas xa que é normal entrar nunha cafetaría e escoitar falar galego. Ogallá nunca o precisemos. A ver se algún día que me coincida estar por ahí vou até o Mattews.. Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, podes vir cando queiras!

    ResponderEliminar
  3. Ola!!

    entereime da vosa iniciativa polo xornal de galicia e pareceme sinceramento moi interesante. estase constituindo unha asociación de estudantes da universidade de vigo para defender o galego. e vexo bastante aplicabale a vosa iniciativa en vigo... a ver q pensan os demais

    ResponderEliminar
  4. ai a miña mamaiña! ajajaja
    e a miña irmá, e o poeta, e Marta...

    interesante idea! ^^

    Biquiños dende Santiago

    ResponderEliminar
  5. Anxo Tato: Podemos falar convosco se finalmente vos interesa. O concepto é sixelo e fácil de aplicar: só fan falta ganas.

    Lauchian: Graciñas, todos os que mencionas fixérono moi ben! Cando queiras ti tamén estás convidada.

    ResponderEliminar