6 de março de 2010

O 27 de febreiro en imaxes


Moitas grazas ao amigo Caralladas pola foto.


Na tarde do pasado 27 de febreiro, a mesa do Matthews encheuse de libros e revistas na estrea da nova colección bibliográfica. Trátase de publicacións galegas dende 1977 ata a actualidade, que pasaron polas mans de todos os asistentes. Nesta ocasión, o tema que máis tempo nos ocupou foi o das perspectivas das caixas de aforros. Ademais destes amigos, tivemos a visita dun atrevido veciño irlandés.



2 comentários:

  1. Non, a ver, pódese dicir sen problema que o fotografo anónimo das conversas é 'caralladas'. Pero o que non se pode, alo menos de momento, é poñerlle cara a 'caralladas' de xeito público. Aínda que calquer día dame a neura e acabou o anonimato, quen sabe.

    Bueno, hoxe non puiden baixar que estou escribindo un aburridísimo libro sobre a bolsa e non movin o cú da cadeira en todo o día. Que o pasedes ben.

    ResponderEliminar