28 de novembro de 2009

Un, dous, tres... vinte e tres!


Neste XXIII sábado de conversas, a convocatoria xa está aberta. Novamente, recomendamos asistir a unha experiencia na que practicar lingua galega é o fundamental. Ao xeito dunha reunión informal, beber algo é tan só un pretexto para falar galego na Coruña e discutir calquera tema con galegofalantes de toda a vida, neofalantes, castelanfalantes...

As Conversas comezarán ás 18:30 no bar Matthews (Galera s/n) e con motivo da celebración do AchegArte! (herdeiro coruñés do Cultur.gal), desprazarémonos ata o Palexco e o Kiosko Alfonso para dar un paseo en boa compaña polos espazos abertos da cidade e coñecer esta interesante mostra da cultura galega!

2 comentários:

  1. Ola compañeiros!

    Desculpade que non vos respondese por correo electrónico e vos avise por aquí: esta tarde penso que vou poder achegarme (ao fin!) onde vós. Como xa vexo que logo tendes previsto dar unha voltiña polo AchegARTE xa tamén vou para alí convosco, que temos un stand con material da Mesa.

    Apertas!

    Fran

    ResponderEliminar
  2. Benvido! A tarde de hoxe promete ter moi bos ingredientes.

    ResponderEliminar