
Podedes acceder aos dicionarios de galego disponibles actualmente na Internet grazas a un novo bloque de ligazóns que instalamos na parte dereita deste blog:
- O Digalego de Ir Indo, é unha boa opción. Utilizado por moitos internautas galegos, está adaptado aos recentes cambios da normativa da lingua.
- O e-Estraviz, recomendado pola súa amplitude léxica, vén de incorporar importantes mudanzas que permiten pesquisas en norma ILG-RAG e en norma AGAL e acceder ás definicións das palabras dun xeito rápido e eficiente.
- A Real Academia Galega, polo momento, ofrece un vocabulario ortográfico que efectúa recomendacións contempladas pola normativa, á espera de presentar o seu dicionario electrónico.
Debido ao seu uso internacional e á grande fiabilidade, anexamos a ligazón do Dicionário Priberam da Língua Portuguesa. Independentemente da forma ortogáfica, unha excelente ferramenta lingüística moi válida para resolver dúbidas comúns coa nosa lingua.
Sem comentários:
Enviar um comentário