6 de julho de 2009

Novos anuncios



Co obxectivo de que todo o mundo nos coñeza, continuamos a anunciar a iniciativa Conversas Galegas nos espazos públicos da Coruña. Para elo, fixemos un novo anuncio que recolle un texto sobre o galego da comarca.

Non é a primeira aparición pública das Conversas, pois xa no seu inicio difundimos uns anuncios que aquí foron publicados. Na Internet e na prensa a rede Chuza! e o Portal Galego da Língua comentaron a nosa proposta dos sábados e Xornal de Galicia acudiu á primeira convocatoria.

Conversas Galegas, no bar Matthews, é unha experiencia que se desenvolve semanalmente dende o 18 de Abril do 2009. O seu funcionamento é simple, só hai unha hora de inicio e unha hora prevista de finalización. E acontece o que esperamos: xente descoñecida acode á barra do Matthews, encóntrase con outra e xuntos comparten mesa e fala.

A temática: libre. O obxectivo: achegar cada día máis xente á lingua galega. As idades: todas nas que se poda falar. As causas... nin todo o mundo na Coruña é bilingüe nin é fácil para moitos expresarse nunha lingua diferente do castelán. Por iso recibimos mozos e mozas que queren expresarse na lingua do pobo, galegofalantes comprometidos, personaxes públicas galegas, neofalantes que necesitan mellorar a súa pronuncia e expresión, persoas doutras partes da península e veciños de todo o mundo que deciden pasar uns meses na nosa terra, como os estudantes erasmus. Entre todos, practicamos galego oral.

Estades convidados.

4 comentários:

  1. Boas xente! Grazas a xornal.com que din con vos. A situación que estamos a vivir fíxome pensar que a solución ten que sair de cada un de nós, así que levo un mes escribindo un blog, www.nosquedaportugal.blogspot.com que espero poidades visitar e vos guste. Asemade, como vivo na Coruña, espero poder pasar un sábado polo Mathews e coñecervos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Benvido! Cando queiras podes pasar polo Matthews para te informares.
    Todos procuramos solucións, cantas máis opinións podamos compartir, mellor! ;-)

    ResponderEliminar
  3. Cajiná meu! fomos hoxe por alí e non estabades...

    ResponderEliminar
  4. Volta despois das vacaciós, non hai fallo. ;-)

    ResponderEliminar