23 de abril de 2009

Este sábado 25 de Abril voltan as Conversas!



Despois da boa acollida do primeiro día, as Conversas continúan neste Sábado 25 de Abril. Voltamos para seguir exercitando o noso galego. E seguiremos tratando temas de interese común para a súa discusión. No mesmo local e á mesma hora (dende as 6 da tarde). Pasádevos!

1 comentário:

  1. Moi boas sensacións despois das primeiras Conversas Galegas! Estamos gratamente satisfeitos coa participación, 10 asistentes de luxo. E o máis satisfactorio: ver a castelanfalantes íntegros pasar máis de unha hora falando galego con moi boa actitude. Moitas grazas a todos!

    ResponderEliminar